Únete a tódalas persoas que xa saben como Sumar no noso país.
A nosa é unha loita pola vida e non imos deixala en mans dos que cren que o país lles pertence e dos que queren devolvernos ao pasado. Fronte a eles, imos seguir avanzando. Para facer unha vida mellor, máis segura, máis libre, máis plena. Para seguir construíndo un país que coide da súa xente.
Sumar é a chave para un Goberno que poida facer fronte ao custo da cesta da compra e dos alugueiros, que cree milleiros e milleiros de empregos verdes e con dereitos, que nos permita traballar menos para vivir mellor. Sumar é a única garantía dun Goberno mellor.
Estas eleccións van da túa vida, van das nosas vidas. E ímolas gañar.
Fagámolo xuntos e xuntas. Gañemos o país.
É polos teus fillos e fillas, pola túa familia, polos teus avós e avoas, polos teus amigos e amigas.
É por ti.
Isto non o imos facer sós e soas.