Coñécenos

Sumar é o instrumento para confluír con todas aquelas que compartan o horizonte de país. Trátase de escoitar, dialogar e construír xuntas un proxecto cidadán para a próxima década.

Escoita, diálogo, ilusión, esperanza, futuro.

Sumar quere organizar a esperanza para que o novo país se abra camiño.

Podemos ser un país con traballo decente e de maior igualdade, líder nunha transición ecolóxica xusta e vangarda feminista e do conxunto de dereitos e liberdades. Podemos ser un país do que estar orgullosos.

Un novo proxecto cidadán

Estamos a vivir momentos decisivos. Trala experiencia da pandemia, entre a dor e momentos de extraordinaria humanidade, decatámonos de que chegara o momento de cambiar cousas importantes das nosas vidas e das nosas sociedades. Cando semellaba que comezabamos a ver a luz ao final do túnel atopámonos cunha guerra en Europa e as súas consecuencias económicas. Volveu a Europa unha inflación descoñecida nas últimas décadas e, mentres a incerteza medra, volven tamén os discursos do odio e o medo ao diferente.

As nosas sociedades democráticas arrastran demasiadas feridas e os partidos políticos non parecen ser quen de ofrecer solucións de fondo, nin sobre todo, un horizonte de futuro.

No entanto a cidadanía que sabe que a política é a única ferramenta da xente común para transformar a realidade está agardando por nós. Sumar quere ser unha ferramenta ao servizo do país e que ensanche a democracia.

Doa para despregar Sumar por todo o país!